domingo, 21 de diciembre de 2014

Decoración Navideña polos corredores

Así recibimos o Nadal no Colexio. Non deixamos recuncho sin decorar para desexar a todos e a todas unhas felices festas!!!!

Concurso postais e contos 2014

Éxito de participación no concurso de Postais e Contos de Nadal. Dende os departamentos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca agradecemos a vosa participación así como animarvos a que sigades demostrando o voso bo facer, a vosa capacidade creativa e valiosa orixinalidade, tanto no debuxo, coma no texto e composición plástica e presentación. Noraboa aos participantes!

Manualidades Navideñas

Esta é unha invitación para compartir con todos e todas os nosos desexos navideños feitos coa habilidade das nosas mans, dende o noso corazón e coa ledicia que supón compartir esta data de Ilusión, Agarimo, Solidariedade, Unión, Paz, Entendemento ...

jueves, 18 de diciembre de 2014

Este precioso tren está cargado de deliciosos sentimentos de Paz, de Amor, de Agarimo e por suposto de Felicidade. Está feito polos alumnos de 2º de Primaria en colaboración cos seus pais e nais. Estades todos invitados a velo porque está exposto no corredor da á sur a carón do fermoso Belén que acabades de ver.

martes, 16 de diciembre de 2014

domingo, 30 de noviembre de 2014

Outono Infantil

Deixamos aquí unha pequna mostra dos traballos do Outono que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil.
 Preme aquí para velos.

 Outono Infantil

domingo, 23 de noviembre de 2014

Outono divertido

Os nenos e nenas de primeiro de Primaria fixeron uns debuxos "superchulos". Ollade, ollade con atención os seus traballos! Ah! E as adiviñas e os pareados tamén son inventados!

Un Outono feliz

Imos disfrutar agora dos traballos que fixeron as nenas e os nenos de segundo e terceiro de Primaria. Podedes comprobar que as súas castañas están mortas de risa, jajaja. Non lles falta detalle para ilustrar o Outono: esquíos famentos, follas contentas, caracois de paseo ou cogumelos no seu reino...

domingo, 16 de noviembre de 2014

Ai, que medo!!!

Os nenos e nenas de Primeiro, esmeráronse moito facendo as súas composicións plásticas para representar o Samaín.
Aquí tedes unha pequena mostra dos seus meritosos traballos.


lunes, 3 de noviembre de 2014

Samaín Primaria

O TUNEL DO MEDO No corredor da á sur do Colexio os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, fixeron unha actividades moi interesante e divertida na que participaron todos activa e colaborativamente. Tiveron que debuxar varias bruxas nun papel contínuo coa condición de facelo entre todos respectando distintas fases: 1ª- Debuxaron a cabeza. Cambio de compañeiro/a 2ª-O corpo e as extremidades. Cambio de compañeiro/a 3ª-As botas. Cambio de compañeiro/a 4ª-O sombreiro. Podedes ver unha mostra do proceso e o resultado.

domingo, 2 de noviembre de 2014

Samaín infantil

Amosamos agora os trabalos feitos polos máis pequerrechos do Colexio.
Agardamos que sexan do voso agrado.

Murais e carteis do Samaín

Murais para adornar os corredores e as clases:





Historia, poesías, adivíñas e contos do SAMAÍN

O traballo de campo dos alumnos/as maiores do Colexio consistiu en coñecer a historia da celebración do Samaín, así como recompilación de contos, chistes, adiviñas e poesías. Comprobade o ben que o fixeron.

FEITIZOS COCIÑADOS " IN SITU"

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria inventaron e cociñaron estes feitizos que vos axudarán a solucionar moitas dúbidas e problemas da vosa vida cotiá...

Os nosos traballos do Samain:

Dende a biblioteca creouse un ambiente terrorífico para motivar aos alumnos e alumnas a desenvolver as súas propias creacións referidas ao Samaín. Aquí tedes a mostra: