lunes, 28 de diciembre de 2015

Feliz Ano Novo 2016

Con estas manualidades e murais realizados con moito agarimo polo noso alumnado, queremos desexarvos a toda a Comunidade Educativa, un venturoso aninovo 2016!!!

lunes, 21 de diciembre de 2015

Festival Nadal 2015

O pasado venres día 18 de decembro celebramos o festival de Nadal. Por falta de espazo tivemos que realizalo en dúas quendas. Mágoa no poder disfrutar todos e todas das actuacións que con tanto esmero e ilusión prepararou todo o alumnado!!!!! Aquí vos deixamos o programa de actos:
Entre panxoliñas e obras de teatro, foi unha mañá chea de emocións e diversión. O CEIP Anexa queremos desexarvos un bo nadal a todos e a todas. Feliz 2016!!!! Aquí tedes un anaquiño do que alí aconteceu

Concurso de Microcontos de Nadal

Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega, do Proxecto Lector e o da Biblibioteca e coa inestimable colaboración  do Equipo Docente, convocamos o Primeiro Concurso de Microcontos do Nadal.
Todos e todas quedamos abraiados tanto da alta participación como no contido dos mesmos.
Velaí a mostra dos traballos realizados.

 

lunes, 14 de diciembre de 2015

Concurso de postais de Nadal

Como todos os anos os nenos e nenas de Infantil e Primaria participaron no concurso de Postais Navideñas. .Aquí tedes unha mostra do seu esforzo. Animádevos a velas en horario escolar xa que están expostas polos corredores e nas entradas ao Colexio.
 Parabéns!!!!


domingo, 13 de diciembre de 2015

sábado, 28 de noviembre de 2015

Este curso a celebración do Samaín tivo moito éxito en toda a comunidade educativa. Hai que destacar a grande colaboración das familias,tanto na participación como na súa creatividade e orixinalidade. Dende aquí o noso agradecemento. Neste video podedes disfrutar dunha pequena mostra das exposicións das cabazas decoradas e dalgún dos traballos realizados polo alumnado.

domingo, 22 de noviembre de 2015

O alumnado de 6º de Educación Infantil esforzouse na presentación dos debuxos feitos dentro do Proxecto "Lugo en festas". Ollade o resultado. Parabéns a estes xenios!

martes, 3 de noviembre de 2015

O San Froilán do alumnado de Primaria

Vaia sorpresa que nos deu o alumnado de Primaria cos seus traballos de investigación sobre a evolución da celebración da festa do San Froilán. Aquí tedes unha pequena mostra das súas presentacións, que están expostas no recuncho de acceso á biblioteca. Animádevos a disfrutar do seu contido. merece a pena! Estarán expostos durante todo o mes de Novembro. Parabéns aos autores e autoras!

lunes, 26 de octubre de 2015

O San Froilán visto polo alumnado de Infantil e Primaria. Debuxos de 1º A
Debuxos de 1º B
Debuxos de 2ºA
Debuxos de 2º B

viernes, 23 de octubre de 2015

O San Froilán

Así decoramos a entrada do noso Colexio para compartir convosco os trabalos que realizamos relacionados coas festas do S. Froilán , patrón da nosa cidade.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

BENVIDA

Ola a todos e todas! Xa estamos por aquí neste novo curso 2015/2016 para compartir con todos e todas as diferentes actividades e proxectos que realizaremos ao longo do mesmo. Dende os equipos dinamizadores do Centro agardamos que sexa agradable para todos vós, unha visita a este blog, que entre todos e todas colaboramos para que que sexa do voso interese. Comezamos unha nova aventura!!!Implícate!!!! Un saúdo de benvida!

viernes, 29 de mayo de 2015

Celebración da Paz en Educación Primaria

Estes traballos fixéronos os alumnos e alumnas do 1º e 2º Ciclo coa intención de trasmitirnos as súas mensaxes de Paz.

domingo, 24 de mayo de 2015

Letras Galegas Himno

Para finalizar o festival, as nenas e nenos que tocan algún instrumento interpretaron o Himno Galego cunha maravillosa harmonía en canto que o resto de alumnado e profesores fixemos o coro. Preme na imaxe para ver o que alí aconteceu.

Letras Galegas 2015 Ed. Infantil e 1º Ciclo de Primaria

Aquí tedes unha pequena mostra da actuación do alumnado de Educación Infantil e do Primero Ciclo de Primaria.

Letras Galegas 2015 2º e 3º Ciclo de Primaria

Velaquí unha pequena mostra das actuacións do alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria.



Letras Galegas 2015 programa

A semana pasada estivemos moi ocupados coa realización dunha morea de actividades para conmemorar a festa das Letras Galegas.
Todos os departamentos do Colexio colaboraron con diferentes aportacións para involucrar á comunidade educativa nesta homenaxe a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Entre outras actuacións  que se fixeron, imos compartir con todos vós o programa de actos realizados o día 15 de maio.




lunes, 11 de mayo de 2015

Biografia Xosé Filgueira Valeverde



Xosé Fernando Filgueira Valverde é o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo en prol da cultura galega. Foi co-fungador do Seminario de Estudos Galegos e director tanto do Instituto Padre Sarmiento como do Museo de Pontevedra, presidente do Consello da Cultura Galega e membro da Real Academia. Escribiu numerosos libros de literatura, historia, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.



Podedes visualizar neste video a súa biografía:


Información vida e obra de Filgueira Valverde

Velaquí máis nformación da vida e obra de Filgueira Valverde.

Cuestionario sobre Xosé Filgueira Valverde


Pulsa enriba da imaxe para acceder aos recursos e activadades sobre Xosé Fiñgueira Valverde.



Actividades interactivas letras galegas

Repasa a vida e obra do noso homenaxeado xogando:

domingo, 10 de mayo de 2015

Todo sobre Filgueira Valverde


Preme na imaxe e atoparás un enlace  á páxina de Dinamización da Cultura cunha morea de recursos de Xosé Fernando Filgueira Valverde. 






domingo, 26 de abril de 2015

Día do libro

Todos os cursos,  dende Infantil a Primaria, participaron con diferentes actividades para celebrar o Día do libro.
Aquí atoparedes unha pequena mostra delas.
No corredor  da biblioteca,  a información relativa aos escritores  Miguel de Cervantes e Shakespeare, na conmemoración da súa morte, o 23 de abril do ano 1616.



recunho biblioteca - Kizoa Movie Maker

Os corredores e as entradas chaman a atención polos traballos realizados na celebración deste día.
Noraboa polo esforzo!


Os mestres, mestras, alumnos e alumnas aproveitaron a ocasión para deixar por escrito o seu libro preferido e a súa opinión sobre a lectura.
Preme na imaxe ou aquí para poder ver todo.



Estes son os debuxos que fixeron os nenos e nenas do libro de Miguel de Cervantes.












domingo, 8 de marzo de 2015

Todos con Rosalía de Castro

Todo o alumnado do Centro dende 6º de Primaria ata os de Educación Infantil participaron en diversas actividades para celebrar a conmemoración do aniversario da morte de Rosalía de Castro. Con moita ilusión os maiores prepararon unha recopilación da vida e obra da nosa poetisa coa intención de espallar estes coñecementos por todas as aulas do Colexio. Divididdos en grupos de cinco compoñentes e simultáneamente conseguiron acaparar a atención dos máis pequenos. Para rematar a actuación todos xuntos cantaron o poema "Adiós ríos, Adiós fontes....musicado por Amancio Prada. Os nenos e nenas de Educación Infantil, realizaron actividades plásticas elaborando caroutas, medallas e mesmo postais referidas ao tema. Preme na imaxe para ver a reportaxe.

Caligramas Rosalianos

Si pasas por diante da Biblioteca podes disfrutar destes caligramas tan fermosos feitos con poesías de Rosalía de Castro.







sábado, 28 de febrero de 2015

Inverno, inverno

Frío, choiva, neve, gorros, bufandas, botas...elementos cotías desta época do ano.
As nenas e nenos de Educación Infantil e do 1º e 2º Ciclo de Primaria, fixeron uns traballos sorprendentes para representado plásticamente.


viernes, 27 de febrero de 2015

Entroido no colexio

O Entroido sempre ven acompañado de alegría, de festas, de soños, de ilusión e transformación. Aquí tedes un anaquiño do que aconteceu na festa do alumnado de Educación Infantil e do 1º Ciclo.

entroido - Kizoa Movie Maker


Os do Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria demostraron moita habilidade no desenvolvimento das coreografías.
Deixamos aquí unha pequena mostra. Preme na imaxe para poder velas todas:




martes, 17 de febrero de 2015

Paiasadas

Paiaso superalegre que podedes atopar no corredor das aulas de Educación Infantil.
Así o fixemos; paso a paso.
Ah! As carautas fixéronas os nenos/as de 6º de Infantil.

lunes, 9 de febrero de 2015

Recursos Entroido

Esta semana estamos moi atareados coa preparación da celebración do Entroido. Deixamos aquí enlaces de interese con novos materiais e recursos relacionados con este tema.
Preme na imaxe:

domingo, 1 de febrero de 2015

Dia da Paz 3º Ciclo

Grande creatividade e orixinalidade podemos atopar nestes traballos tan ben feitos polo alumnado do 3º Ciclo. Demostran unha vez máis a súa capacidade de investigación, de profundización e síntese na conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, 30 de xaneiro e Día da Non Violencia e da Paz.

A paz no 1º e 2º Ciclo

Podedes ver aquí a variedade de actividades que realizaron as nenas e nenos do 1º e 2º Ciclo: colares, mandalas, murais, gotas de Paz e moitas máis. Que artistazos!

sábado, 31 de enero de 2015

Celebración da Paz en Educación Infantil

Todos os nenos e nenas de Educación Infantil traballaron arreo para facer murais que levaban moitas pombas mensaxeiras de PAZ, AMOR, AMIZADE... Nesta montaxe de diapositivas veredes ademáis dos seus traballos, unha pequena reportaxe da actuación que puidemos disfrutar ese día dunha canción que rematou en fermosas apertas...

Día da Paz

Como todos 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, tentando de sensibilizar dende a escola a toda a sociedade sobre os valores da paz. Unha educación pola paz ao longo de todo o ano para aprender a afrontar os conflitos de maneira non violenta. Realizamos moitas actividades relacionadas con este tema. O enfoque foi moi variado xa que como poderedes ver nas seguintes entradas, hai aportacións individuais, en pequeno grupo, en gran grupo, colaborativas e sobre todo participativas. Os equipos de dinamización lingÜística galega e da biblioteca agradecemos a alta vparticipación.

Pombas mensaxeiras

Estas preciosas pombas coas súas respectivas mensaxes de Paz foron realizadas polo alumnado de terceiro ciclo a petición do equipo de dinamización da Biblioteca. Os nenos e nenas deixaron mensaxes de Paz, Solidariedade, Unión, ect.