miércoles, 6 de mayo de 2020

Lavar as mans salva vidas!

Uns días antes de comenzar a cuarentena, visitounos a nai de dos alumnos do Colexio (Teresa e Mateo Castro Gil), dentro do proyecto:"Encontros interxeracionais", para dar un charla coloquio sobre a importancia de lavar as mans.
O día 5 de maio, celebrouse o Día internacional do lavado de mans, polo que imos compartir este fermoso video que proxetou ese día coa mensaxe tan importante para os momentos  especiais que estamos a vivir.
Moitas grazas Maite pola túa gran aportación.
Ata pronto!

martes, 5 de mayo de 2020

Atopa as diferenzas!

Hoxe imos a divertirnos moito con este video que nos mandan as familias de 2º B para compartilo con todos e todas. Temos que atopar 6 diferenzas en cada imaxe. Poñede moita atención, xa que algunhas están moi agochadas!
Ata pronto!

Aficións Favoritas

Este grupo de alumnos de 2ºB continúa sorprendéndonos coas súas aficións favoritas e a súa forma original de amosalas.
Velaí unha mostra da sua creatividade. Sodes xeniais!
Ata pronto!

Unha Pascua moi orixinal!

Os nenos e nenas de 2º B, celebraron unha Pascua especial, divertida e,  moi, pero que moi original.
Velaí a tedes para comprobalo vós mesmos.
Parabéns!
Ata pronto!