domingo, 30 de noviembre de 2014

Outono Infantil

Deixamos aquí unha pequna mostra dos traballos do Outono que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil.
 Preme aquí para velos.

 Outono Infantil

domingo, 23 de noviembre de 2014

Outono divertido

Os nenos e nenas de primeiro de Primaria fixeron uns debuxos "superchulos". Ollade, ollade con atención os seus traballos! Ah! E as adiviñas e os pareados tamén son inventados!

Un Outono feliz

Imos disfrutar agora dos traballos que fixeron as nenas e os nenos de segundo e terceiro de Primaria. Podedes comprobar que as súas castañas están mortas de risa, jajaja. Non lles falta detalle para ilustrar o Outono: esquíos famentos, follas contentas, caracois de paseo ou cogumelos no seu reino...

domingo, 16 de noviembre de 2014

Ai, que medo!!!

Os nenos e nenas de Primeiro, esmeráronse moito facendo as súas composicións plásticas para representar o Samaín.
Aquí tedes unha pequena mostra dos seus meritosos traballos.


lunes, 3 de noviembre de 2014

Samaín Primaria

O TUNEL DO MEDO No corredor da á sur do Colexio os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, fixeron unha actividades moi interesante e divertida na que participaron todos activa e colaborativamente. Tiveron que debuxar varias bruxas nun papel contínuo coa condición de facelo entre todos respectando distintas fases: 1ª- Debuxaron a cabeza. Cambio de compañeiro/a 2ª-O corpo e as extremidades. Cambio de compañeiro/a 3ª-As botas. Cambio de compañeiro/a 4ª-O sombreiro. Podedes ver unha mostra do proceso e o resultado.

domingo, 2 de noviembre de 2014

Samaín infantil

Amosamos agora os trabalos feitos polos máis pequerrechos do Colexio.
Agardamos que sexan do voso agrado.

Murais e carteis do Samaín

Murais para adornar os corredores e as clases:





Historia, poesías, adivíñas e contos do SAMAÍN

O traballo de campo dos alumnos/as maiores do Colexio consistiu en coñecer a historia da celebración do Samaín, así como recompilación de contos, chistes, adiviñas e poesías. Comprobade o ben que o fixeron.

FEITIZOS COCIÑADOS " IN SITU"

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria inventaron e cociñaron estes feitizos que vos axudarán a solucionar moitas dúbidas e problemas da vosa vida cotiá...

Os nosos traballos do Samain:

Dende a biblioteca creouse un ambiente terrorífico para motivar aos alumnos e alumnas a desenvolver as súas propias creacións referidas ao Samaín. Aquí tedes a mostra: