martes, 5 de mayo de 2020
Atopa as diferenzas!
Hoxe imos a divertirnos moito con este video que nos mandan as familias de 2º B para compartilo con todos e todas. Temos que atopar 6 diferenzas en cada imaxe. Poñede moita atención, xa que algunhas están moi agochadas!
Ata pronto!
Aficións Favoritas
Este grupo de alumnos de 2ºB continúa sorprendéndonos coas súas aficións favoritas e a súa forma original de amosalas.
Velaí unha mostra da sua creatividade. Sodes xeniais!
Ata pronto!
Ata pronto!
Unha Pascua moi orixinal!
Os nenos e nenas de 2º B, celebraron unha Pascua especial, divertida e, moi, pero que moi original.
Velaí a tedes para comprobalo vós mesmos.
Parabéns!
Ata pronto!
Velaí a tedes para comprobalo vós mesmos.
Parabéns!
miércoles, 29 de abril de 2020
Día do libro de 5ºB
Os alumnos e alumnas de 5º B celebraron do Día do Libro, compartindo con todos nós as lecturas favoritas dende as súas casas.
Un video fermoso que nos transmite a ledicia da lectura en momentos tan especias que estamos a vivir.
Os nosos parabéns.
Pronto nos veremos!
domingo, 12 de abril de 2020
Os peques de 1ºB
Video realizado polas familias dos nenos e nenas de 1ºB para compartir con todos os seus desexos nos días de confinamento.
Ata pronto!
lunes, 6 de abril de 2020
Os peques de 1ºA
Os nenos e nenas de 1º A queren dedicarlle este fermoso video aos seus compañeiros e profes da Anexa.
Ata pronto!
O arco da vella
Os alumnos de 2º de Primaria, siguen a compartir con todos nós, os traballos tan bonitos que realizan dende as súas casas.
Parabéns
viernes, 3 de abril de 2020
lunes, 30 de marzo de 2020
#Quédate na casa
Actividades en familia
As familias de 2º de Primaria crearon este video tan fermoso nestes días de confinamento.
Dende aquí dámoslles as grazas por querer compartilo con todos.
Parabéns!
Anexa Masterchef 2020
Grazas ás familias por compartir estas actividades tan divertidas, creativas e solidarias.
traballos en 3D
Animádevos a enviarnos as vosas creacións e compartir con todos eses traballos tan creativos e orixinais que nos axudan a levar moito mellor o tempo de confinamento.
viernes, 15 de junio de 2018
miércoles, 21 de junio de 2017
lunes, 19 de junio de 2017
domingo, 18 de junio de 2017
lunes, 28 de diciembre de 2015
Feliz Ano Novo 2016
Con estas manualidades e murais realizados con moito agarimo polo noso alumnado, queremos desexarvos a toda a Comunidade Educativa, un venturoso aninovo 2016!!!
lunes, 21 de diciembre de 2015
Festival Nadal 2015
O pasado venres día 18 de decembro celebramos o festival de Nadal.
Por falta de espazo tivemos que realizalo en dúas quendas. Mágoa no poder disfrutar todos e todas das actuacións que con tanto esmero e ilusión prepararou todo o alumnado!!!!!
Aquí vos deixamos o programa de actos:
Entre panxoliñas e obras de teatro, foi unha mañá chea de emocións e diversión. O CEIP Anexa queremos desexarvos un bo nadal a todos e a todas.
Feliz 2016!!!!
Aquí tedes un anaquiño do que alí aconteceu
Concurso de Microcontos de Nadal
Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega, do Proxecto Lector e o da Biblibioteca e coa inestimable colaboración do Equipo Docente, convocamos o Primeiro Concurso de Microcontos do Nadal.
Todos e todas quedamos abraiados tanto da alta participación como no contido dos mesmos.
Velaí a mostra dos traballos realizados.
lunes, 14 de diciembre de 2015
Concurso de postais de Nadal
Como todos os anos os nenos e nenas de Infantil e Primaria participaron no concurso de Postais Navideñas. .Aquí tedes unha mostra do seu esforzo. Animádevos a velas en horario escolar xa que están expostas polos corredores e nas entradas ao Colexio.
Parabéns!!!!
Parabéns!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























